"Vacas, cerdos, ferias y brujas", obras artísticas ao redor da idea da fuxida
Por Redacción
Baixo o título de "Vacas, cerdos, ferias y brujas", a Sala X da Facultade de Belas Artes reúne as creacións de tres investigadores e artistas, Ventura Pérez, Andrea Torres e Rebeca Lar, nunha exposición.
Partindo da idea da fuxida, a exposición conecta temáticas como as utopías, o feminismo e o animalismo a través de instalacións, fotografías, pinturas, esculturas e creacións audiovisuais. Esta exposición poderá visitarse ata o 16 de xuño.
Na inauguración desta exposición os autores destes traballos estiveron acompañados polo vicerreitor do campus, Jorge Soto; a coordinadora da Sala X, Chelo Matesanz; e a directora de Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus, Eulalia Agrelo.
A mostra está complementada pola publicación dun fanzine no que estes tres investigadores afondan nos seus procesos creativos e investigadores.