Familiares do pintor Alejandro Paisa doan catro cadros ao Museo Torres
Por Redacción
O Museo Manuel Torres, en Marín, acollerá a partir do martes a arte do pintor Alejandro Paisa. Será o preludio da exposición que organizarán o ano que vén do pintor falecido hai dous anos e que na última etapa da súa vida estivo afincado en Pontevedra.
Os cadros foron doados pola familia do artista e pasarán aos fondos propios do museo de Marín. A última vez que o pintor mostrou o seu traballo foi no ano 2014 no Café Moderno, dentro do proxecto 'Unha mirada, dous tempos', organizado por Ramón Rozas e que xuntou a doce dos creadores máis importantes dos últimos cen anos en Pontevedra.
A entrega realizárona os familiares do pintor e a concelleira Itziar Álvarez lles trasladou a intención do Museo Torres de poñer en valor e custodiar a súa obra.