O Museo invita a visitas guiadas gratuítas os domingos ao mediodía
Por Redacción
O Museo de Pontevedra mantén as visitas guiadas gratuítas polos edificios Castelao e Sarmiento da institución provincial.
En redes sociais, o Museo lembra que durante estas visitas pódense ver obras como a Virxe Branca dunha gran beleza, unha escultura anónima atribuída a Joao de Ruao, e explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a Xeración doente, a louza de Sargadelos que se atopa nas instalacións, a importancia dos renovadores ou un percorrido sobre as obras de Alfonso Rodríguez Castelao.
Para participar nestas visitas, que se realizan os domingos ás 12.00 horas, é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico educación.museo@depo.es
A intención da dirección do Museo a través do seu departamento de Educación é achegar as obras que se atopan nas súas salas a todos os públicos a través de explicacións amenas e, ao mesmo tempo, didácticas.
Relacionadas:
-
Turismo de Pontevedra inicia esta fin de semana as visitas guiadas polo centro histórico
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra abre este luns o prazo para inscribirse nos seus obradoiros de verán
Por Redacción |
-
'Galicia, de Nós a nós' recala no Museo "porque non se entende a Xeración Nós sen esta cidade"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Un día para recuperar e reimaxinar o Museo do futuro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |