Comeza unha fin de semana coa música galega inundando a contorna da Alameda no Galegote Rock
Por Mónica Patxot & Redacción
A música con letras galegas xa está a espallarse polo centro da cidade na novena edición do festival Galegote Rock. A cantautora Su Garrido foi a encargada da primeira actuación deste ano e interpretaba nas escaleiras das Palmeiras a súa proposta de temas intimistas e sentidos, co único acompañamento da súa guitarra.
Tras a súa actuación chegou a quenda para TNT Band no Palco da Música da Alameda. Esta banda de rock and roll amosa forza e unha liña de son clara e directa. A partir das 21.00 horas chega o momento de Moucho, un grupo que se achega ao blues, o soul e o folk relacionando estes estilos co son galego. E para rematar a xornada, Monoulious Dop ofrece a súa particular visión musical a través dun dúo creativo que naceu en 2012 como proxecto musical exclusivo para internet e que foi evolucionando cos anos.
A música en galego continuará durante toda a fin de semana con esta programación:
Sábado 29 de maio
13:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Arturo Delgado
14:00 horas. Palco da Alameda: Peña
19:00 horas. Palco da Alameda: Zeltia Irevire
20:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Noiteaka + 2Pasos
21:00 horas. Palco da Alameda: O Cadelo Lunático
22:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Lume
Domingo 30 de maio
13:00 horas. Palco da Alameda: Pauliña
14:00 horas. Escaleras das Palmeiras: A Rabela
19:30 horas. Escaleras das Palmeiras: Desjobernaos
20:30 horas. Palco da Alameda: Los Rastreadores
22:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Laura Lamontagne & Pico Amperio
Relacionadas:
-
Pontevedra, capital da música en galego co Galegote Rock
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
RADIO.- As "pequenas cousas" de Peña interprétanse no Galegote e están en 'A playlist'
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Tres días de Galegote Rock para gozar en Pontevedra das novas tendencias da música en galego
Por Alejandro Espiño |