A música 'en clave local' resoará nas Palmeiras as dúas próximas fins de semana
Por Redacción
As bandas emerxentes de Pontevedra teñen unha cita co público da cidade. Será no ciclo En clave local, que levará a súa música ata o Parque das Palmeiras durante as dúas próximas fins de semana, os días 11, 12, 18 e 19 de xuño concretamente.
Actuarán un total de 14 bandas, cinco delas integrantes do proxecto municipal Xeración Sónica. Trátase de Simpsonhead, Rancheras, Froalla, Haku e Faul, que darán o seu concerto o sábado 12 a partir das sete da tarde.
O venres 11 será a quenda de Fuzz Faces (19:00), Skirl (20:30) e Rodrigo Valiente (22:00); o venres 18 actuarán Malecho (19:00), Liberad al Kraken (20:30) e Denova (22:00); e o sábado 19 pecharán o ciclo Las Gringas (19:00), Flip Corale (20:30) e Dr. Excepto (22:00).
Este é un programa cultural que forma parte da programación das Festas de Verán de Pontevedra, organizadas este ano baixo o lema O Son da Rúa.
Todos os concertos serán de balde e non precisan reserva previa. Haberá espazos aforados nos que son de obrigado cumprimento as normas de seguridade vixentes contra a covid-19.
Relacionadas:
-
Punk infantil en Montero Ríos para celebrar o Día da Música
Por Oskar Viéitez |
-
Música refrescante nas Palmeiras para enfrontarse á calor
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente abren o ciclo sonoro 'En clave local'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cinema musical e improvisacións inmersivas durante a fin de semana nas pistas de Campolongo
Por Redacción |
-
Pontevedra presumirá do 'son da rúa' nunhas Festas de Verán que arrancarán xa en xuño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |