Poio rende homenaxe a Xerardo Moscoso
Por Redacción
O Parque da Memoria da Seca, en Poio, acollerá este sábado unha homenaxe póstuma a Xerardo Moscoso.
Impulsado pola asociación Boureante e coa colaboración do Concello, o acto comezará ás 19 horas e consistirá na plantación de dúas árbores a modo de recordo dun dos referentes da cultura galega e que mantivo unha vinculación especial co municipio de Poio.
A cita levarase a cabo co cumprimento de todas as medidas de seguridade e incluirá un micrófono aberto para facilitar as intervencións de todas aquelas persoas que desexen honrar a memoria do cofundador de Voces Ceibes.