A banda Dvicio e a orquestra París de Noia, pratos fortes das Festas do Carme
Por Redacción
A música e o espectáculo regresa a Marín coas Festas do Carme, que encherán á vila dunha programación que xuntará o espírito do ano pasado, a dinaminación musical e o ocio de pequeno formato.
Concretamente, os prazos fortes nos días grandes das festas celebraranse no aparcadoiro da Praza de España e o Parque Eguren, onde actuará a banda Dvicio e a Orquesta París de Noia.
O grupo madrileño, catapultado á fama pola súa canción 'Paraíso', cantará o xoves 15 de xullo na Praza de España, mesmo escenario no que actuará a París de Noia o día seguinte, o 16 de xullo, Día do Carme. "Sempre e cando saia todo ben na proba piloto do próximo sábado coa orquesta Marbella", salientan dende o Concello.
Por último, o sábado 17 de xullo, Pedro Volta achegará a maxia ao Parque Eguren. O ilusionista ten preparado un espectáculo cheo de trucos que encantarán ao seu público.
En canto á precaución e as medidas, dende o Concello de Marín recordan que "toda a programación contará coas medidas sanitarias esixidas ata o momento e adaptándose sempre aos protocolos vixentes", e fan un chamamento á veciñanza para que se comporte cívicamente e manteña a precaución para garantir que toda esta programación poida levarse a cabo.
Relacionadas:
-
Marín inicia esta fin de semana un amplo programa festivo
Por Redacción |
-
O público estará sentado nos concertos de DVicio e París de Noia
Por Redacción |
-
O reparto de entradas para os concertos de DVicio e París de Noia nas Festas do Carme de Marín, a partir deste martes
Por Redacción |
-
Jose Francisco Gil Dopazo será o pregoeiro das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Toda a programación das Festas do Carme xa está dispoñible nun clic
Por Redacción |
-
Marín aposta por un verán 'con xeito'
Por Redacción |
-
Pontevedra presumirá do 'son da rúa' nunhas Festas de Verán que arrancarán xa en xuño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |