Narradores de Galicia, Salamanca, Portugal e Latinoamérica no regreso ampliado de Sete Falares
Por Redacción
Dezasete artistas, a maioría deles galegos, participarán na nova edición do certame Sete Falares que, tras a ausencia do ano pasado pola pandemia, regresa cun formato ampliado.
Serán dez días, entre o 18 e o 27 de xuño, na que estes contadores de historias -que veñen de Galicia, Salamanca, Portugal, México ou Colombia- tomarán o espazo público da cidade.
Neste festival internacional de narradores, organizado por Pavís Pavós, participarán os artistas galegos Paula Carballeira, Celso Fernández Sanmartín, Matrioskas, Divas de Diván, Cris de Caldas, Charo Pita, Lois Pérez, Marta Ortiz e Sofía Espiñeira.
Xunto a todos eles estarán os contadores portugueses Antonio Fontinha e Miguel Horta, a narradora de Salamanca Eugenia Manzanera, a mexicana residente en Barcelona Martha Escudero ou a colombiana afincada en Galicia Soledad Felloza.
A primeira sesión o venres 18 será na Alameda de Pontevedra, nas proximidades ao Palco de Música. Alí actuará a agrupación pontevedresa Pavís Pavós a partir das 18.00 horas para público familiar, con menores que teñan máis de 4 anos. Ese mesmo día, ás 21.00 horas, a contadora coruñesa Paula Carballeira ofrecerá unha sesión ás 21.00 horas no escenario situado na Praza da Pedreira.
Continuará a programación o sábado 19 ás 21.00 horas na Praza da Pedreira coa actuación de Celso Fernández Sanmartín, cunha sesión para público adulto. O domingo 20, María Ortiz e Sofía Espiñeira ofrecerán unha actuación no mesmo escenario, tamén a partir das 21.00 horas.
Todas as sesións serán gratuítas e a programación completa pode consultarse no web de Sete Falares.
Con estas funciones van iniciarse dez xornadas que virán cargadas de historias sorprendentes a cargo dalgunhas das estrelas da narración oral tanto de Galicia, como de Portugal, España e México.
Relacionadas:
-
Sete Falares encara a súa recta final
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As historias de vida de moitas mulleres resoan no Sete Falares
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sete Falares arranca baixo teito a súa edición máis extensa
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presumirá do 'son da rúa' nunhas Festas de Verán que arrancarán xa en xuño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |