Escolares de Marín visitan o Museo Manuel Torres polo 120 aniversario do nacemento do pintor
Por Redacción
Escolares de sexto de Primaria do CPR La Inmaculada visitaron o Museo Manuel Torres con motivo do 120 aniversario do nacemento do pintor. Durante a visita, o alumnado viu, entre outras cousas, un vídeo de Manuel Torres no que o pintor explica como comezou a súa faceta artística.
Debido á pandemia, esta foi a única saída que fixeron este ano e nela puideron desfrutar dos cadros de Alejandro Paisa e da sala adicada á muller galega pintada por Torres, exposicións que máis chamaron a atención.
Así mesmo, puideron ver os cadros dos rapaces do EEI O grupo, que fixeron as súas propias versións dos cadros de Manuel Torres. Estes últimos visitaron este venres a súa exposición, mostrándose moi sorprendidos de ver os seus cadros colgados nas instalacións.
O Museo tamén recibiu a visita dunha excursión duns alumnos do CEIP da Pobra do Brollón de Lugo.
Relacionadas:
-
O Museo Manuel Torres moderniza as súas instalacións e estrea unha nova imaxe
Por Redacción |
-
O colexio Inmaculada recicla material escolar para financiar proxectos solidarios en Angola ou Bolivia
Por Redacción |
-
O Museo suma á súa colección permanente unha sección sobre a Guerra Civil e o exilio en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Un cadro restaurado e un vídeo para celebrar o 120 aniversario de Manuel Torres
Por Redacción |
-
A obra de Manuel Torres fomenta a capacidade creativa do alumnado do EEI O Grupo
Por Redacción |
-
Familiares do pintor Alejandro Paisa doan catro cadros ao Museo Torres
Por Redacción |