"Qué pena", a nova canción de Gustavo Almeida para este verán
Por Redacción
Gustavo Almeida xa ten preparada a súa nova canción. Trátase dun single chamado "Que pena", que se pode escoitar desde este luns. Con el, regresará aos escenarios tras o parón provocado pola pandemia da covid-19.
Farao, ademais, cun concerto que, no marco das Festas de San Xoán, celebrarase o vindeiro sábado 26 de xuño, ás 22:00 horas, na chaira da Seca.
Ademais deste concerto en Poio, Almeida xa ten actuacións previstas para este verán en Pontevedra, Gondomar, Alacante, Córdoba ou Valencia.
"Que pena", segundo destaca o seu autor, é unha canción que convida a "moverse por dentro e por fóra" e que pasea entre o flamenco e o R& B cunha letra "marca da casa".
A estrea da canción vén acompañada por un videoclip, en colaboración con Vicky Estévez, que se desenvolve durante unha partida de cartas, onde unha parella trata de limar as súas asperezas e poñer sobre a mesa todo aquilo que lles dá pena.
Relacionadas:
-
Gustavo Almeida e Teo Cardalda unen as súas voces en "Entre o ceo e o esquecemento"
Por Redacción |
-
Nelson Quinteiro porá o broche de ouro musical ás Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
As Festas de San Xoán desenvolveranse na Seca, no Mosteiro, en Vilariño, no Pereiro e San Martiño
Por Redacción | Creada e actualizada