Delafé e Elba encabezan o cartel do Ribeiro Son do Viño, que regresa este verán a San Vicente
Por Redacción
A praia da Barrosa, en San Vicente do Mar, volverá ser o escenario do festival Ribeiro Son do Viño que traerá a este areal do Grove aos grupos Delafé e Elba.
A do 2021 preséntase como unha das edicións máis especiais deste verán e os organizadores pretenden que sexa o pistoletazo de saída dunha tempada cargada de actuacións musicais de gran calidade, seguras e con aforo moi limitado.
A denominación de orixe Ribeiro ten preparada unha xornada coas máximas garantías de seguridade e un protocolo exhaustivo para volver brindar e recuperar un dos plans máis demandados do verán galego.
As entradas estarán á venda en https://nautico.entradas.plus/ e inclúen o acceso al Náutico de San Vicente para gozar dos concertos de Delafé e Elba, así como dunha botella de viño branco ‘Fillas D.O. Ribeiro’ e unha bolsa enfriadora.
Ribeiro Son de Viño é o único festival de Galicia que combina música en directo con degustacións de viño da denominación de orixe Ribeiro na contorna da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar.
Relacionadas:
-
El Náutico e Pepe Solla alíanse para maridar música e gastronomía no Grove
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Falamos de 'A realidade enganosa' que triunfou nos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia |
-
La Habitación Roja, encabeza un festival que fusionará música e catas de viño no Náutico do Grove
Por Alejandro Espiño |