RADIO.- Falamos de 'A realidade enganosa' que triunfou nos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia
Os Premios MIN da Música Independente outorgaron este pasado xuño o seu Premio ao Mellor Álbum en Gallego á banda de Catoira Néboa polo seu primeiro LP 'A realidade enganosa'. "Foi unha satisfacción, non o esperabamos", comenta Tomás Porteiro, co que falamos no podcast 'Cara a cara' en nome do resto de integrantes: Jacobo, Sandra, Aloia e Lucas.
Unha banda musical que se formou en 2012 - aínda que xa se coñecían e coincidiran noutros grupos -, que en 2014 sacaron o seu primeiro EP 'Antes da tormenta' e o pasado 2020 estrearon a longa duración. Algo pouco usual nunha industria onde estar a editar e publicando constantemente é case un mantra.
En 2018 coa dotación económica do Premio Narf e algúns concertos "medianamente ben pagos" decidiron gravar o seu primeiro LP. Como compañeiros de viaxe escolleron o Estudo do Naútico de San Vicente e Laboratorio Soyuz, así como o selo Raso Estudio, "que estaba na nosa liña" e que tamén apradina a outro paisano como Baiuca.
Un disco que como Porteiro sinala en PontevedraViva Radio soa a "honesto" e como di a crítica especializada a un "castelo sonoro", isto é "unha masa sonora, elementos que aparecen e desaparecen e o son vai crecendo desde a base e acaba habendo moitas frecuencias con baixos, guitarras, sintetizadores, voces...".
Na súa axenda de directos hai datas fixadas para este verán e xa están cun pé de novo no estudo para empezar a traballar noutro EP.