PDA (Pus de alce), grupo pontevedrés de punk-rock, estrea "El cuervo", o seu primeiro videoclip
Por Alejandro Espiño
Decidiron probar sorte no mundo da música hai apenas dous anos. Pero nese curto espazo de tempo PDA (Pus de alce) logrou facerse un nome na escena musical emerxente de Pontevedra. Descríbense como un grupo de punk-rock cun estilo propio e persoal, que fai cancións espontáneas e atrevidas sen fixarse nos estereotipos nin nas regras e, sobre todo, sen poñerse etiquetas.
Composto por Andrés Taboada (voz principal), Pedro Juncal (guitarra e voces), Pedro García (baixo) e Xaime Amoedo (batería), só tres meses despois do seu primeiro ensaio fixeron a súa primeira posta en escena. Foi no Liceo Mutante e tiveron moi boa acollida. Desde entón deron unha vintena de concertos e aos poucos fixéronse un oco malia ter un estilo diferente ao do resto de grupos locais.
Logo de sacar o seu primeiro EP de cinco cancións antes de cumprir un ano do seu primeiro ensaio, un traballo gravado nos estudos Litium de Pontevedra, neste segundo ano "con muchas canciones nuevas hemos decidido seguir trabajando y ahorrando para sacar nuestro primer disco", explica Andrés Taboada, cantante do grupo a PontevedraViva.
Para ofrecer algo máis separadamente dos seus concertos e comezar a crear expectativa ante ese futuro traballo discográfico, PDA acaba de estrear o seu primeiro videoclip. A canción elixida é El cuervo, incluída no seu primeiro EP. Grazas á colaboración desinteresada de Manex Mendizábal, o grupo puido afrontar esta grabación "con un presupuesto de 0 euros y mucho trabajo y cariño".
O videoclip está gravado en Pontevedra, "en un edificio abandonado cerca de la estación de autobuses", comenta o vocalista do grupo. Alí estiveron durante dous días. "Encajaba perfectamente con la canción, con el tema que tratamos y tenía la ventaja de que estaba en el centro de la ciudad". ÿ o paso previo, sinala, a poder gravar o disco "que será más largo que el anterior EP, unas diez canciones".