Os festivais volven a Vilaboa coa edición 'desconfinada' do Canteira Fest
Por Redacción
Os días 17 e 18 de setembro, Vilaboa recuperará o seu Canteira Fest. Será cunha edición 'desconfinada' que recupera o festival que tivo que suspenderse o ano pasado como consecuencia da pandemia da covid-19.
Así, o cartel inclúe a Verto, A Rabela, Pauliña, Cuarta Xusta, Bravatukas, O Gato de Chesaire, Lisdexia, Zeltia Irevire, Paula doCampo DJ e, para os mais cativos, Migallas Teatro.
Haberá ademais actividades paralelas, dende charlas e coloquios ata diferentes talleres.
Será un festival a pequena escala, cun aforo limitado a 1.000 persoas por día.
As entradas serán en tres formatos. O primeiro, unha entrada de 5 euros para un dos días do festival; o segundo, un abono para os dous días a 7 euros; e por último, a reserva dun recinto marcado para un grupo de dez persoas.
As entradas poderanse adquirir a través da plataforma virtual enterticket.es.
Nesta ocasión o tema transversal do festival será a transexualidade e as mulleres, remarcando a esencia dun festival que presume de ser feminista e LGTBI.