O jazz toma protagonismo nas Festas de Verán
Por Redacción & Cristina Saiz
Un novo ciclo musical toma esta semana a alternativa na programación festiva da cidade, dentro da axenda 'O Son da Rúa', co jazz como gran protagonista.
A compositora galega Terela Gradín foi a encargada de abrir este luns as 'Noitadas de Jazz', ciclo que contará con concertos diarios ata o vindeiro venres día 23 de xullo no escenario da Praza da Ferrería. Grandín ofreceu un recital que rescatou o mellor da música do brasileiro Dori Caymmi.
Tras a estrea este martes subirá ao escenario Xan Campos Trío, que presentará o seu disco 'Realismo'. Neste traballo o pianista de Cangas confírmase como unha das grandes realidades do jazz galego.
Noitadas de Jazz contará ademais o mércores 21 de xullo coa proposta de Chemin Jazz Quartet, o xoves 22 de xullo actuará Current Location e o venres 23 pechará a programación Circus.
A semana do jazz na cidade complétase con dous pasacalles diarios, ás 12.00 e ás 20.00 horas a cargo da Street Band Chivinjazz.
Relacionadas:
-
Pol Granch, Café Quijano, Susana Seivane, Piedrahita, Sabela e Los Brincos, estrelas das Festas
Por Redacción |
-
O Paseo dos Gafos encherase de música clásica durante a vindeira semana
Por Redacción |
-
As Festas da Peregrina xa teñen pregoeira: Violeta Mosquera, batería de Bala
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Na Praza da Curtidoira a cousa 'Vai de monólogos'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A 'Voz de muller' de Amparanoia pon o ritmo a un caloroso sábado na Ferrería
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O programa das 'Festas de Verán' xa está na rúa
Por Redacción |
-
Pontevedra presumirá do 'son da rúa' nunhas Festas de Verán que arrancarán xa en xuño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |