O Museo do Mar de Marín expón unha colección de billetes con motivos mariñeiros
Por Redacción
O Museo do Mar de Marín inaugurou a exposición "Un mar de billetes", que estará aberta ata o vindeiro 22 de agosto en horario de 11.30 a 13.00 os xoves, venres, sábados e domingos.
A exposición é parte da colección propiedade de Luís Santos Piñeiro, capitán xubilado da Mariña Mercante.
Ao longo da súa vida como mariño, Luís Santos foi adquirindo billetes con simboloxía mariñeira durante as visitas aos portos que tocaba. Máis tarde fíxose coleccionista intercambiando e adquirindo billetes de todo tipo, o que lle permitiu completar unha amplísima colección.
A exposición consta de quince vitrinas nas que se expoñen billetes con temas mariños clasificados e distribuídos por continentes dos cales son orixinarios.
Ademais amósase unha escolma de billetes da guerra civil española editados tanto polo bando republicano como nacional e de cupóns de racionamento.
O Museo tamén editou o seu propio billete conmemorativo da exposición que se poderá adquirir como axuda para sufragar os gastos deste evento.