Seis xornadas de música para un SonRías Baixas que se reivindica como cita indispensable do verán
Por Redacción
Bueu conta os días e as horas para un dos eventos musicais do verán, unha nova edición do SonRías Baixas.
O festival musical, que se celebrará do 3 ao 8 de agosto, foi presentado este xoves coa presenza dos seus responsables, Berta Domínguez e Jordi Laurende; o director do Agadic, Jacobo Sutil; a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias; e os concelleiros Silvia Carballo e Xosé Leal.
O Sorrías Baixas contará nesta edición coas únicas datas do verán en Galicia de artistas como Kase.O, La Pegatina, Travis Birds, Muerdo ou Tu Otra Bonita.
Sés, TéCanela, Ciudad Jara, La M.O.D.A., ISEO & Dodosound, Sabela e SonDaRúa completan o cartel, que xa esgotou as entradas dispoñibles para o venres 6 e o sábado 7 de agosto.
Segundo explicou a organización debido ás restricións o SonRías Baixas o Recinto Multiusos da Estacada estará sectorizado e con equipamentos independentes de aseos, barras ou merchandising, cada un cunha capacidade máxima de 500 persoas para garantir o cumprimento do protocolo de prevención da covid.
A programación conta cun total de seis sesións nocturnas, con dous concertos directos cada noite:
- Martes 3 de agosto: Sés + TéCanela.
- Mércores 4 de agosto: Ciudad Jara + Tu Otra Bonita.
- Xoves 5 de agosto: ISEO & Dodosound + Travis Birds.
- Venres 6 de agosto: La M.O.D.A. + Sabela.
- Sábado 7 de agosto: Kase.O + SonDaRúa.
- Domingo 8 de agosto: La Pegatina + Muerdo.
As entradas poden adquirirse en www.sonriasbaixas.info a un prezo segundo a localidade de 23, 26 ou 29 euros.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas 2021 vive o seu momento álxido co rap de Kase.O e SonDaRúa
Por Redacción |
-
Tu Otra Bonita e Ciudad Jara moven o público do Sonrías Baixas en Bueu
Por Redacción |
-
Comezou o SonRías Baixas, que este mércores acolle a Tu Otra Bonita e Ciudad Jara
Por Redacción |
-
O SonRías ponse en marcha con entradas aínda dispoñibles para catro dos seus seis días de concertos
Por Redacción |
-
Bueu prepara unha semana de conferencias sobre a vila, a literatura e o mar
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest pasan ao formato audiovisual para combater as violencias machistas
Por Natalia Puga |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |
-
Kase.O, La Pegatina, Sés ou La M.O.D.A., nun SonRías Baixas que volve do 3 ao 8 de agosto
Por Alejandro Espiño |