Cambios nas proxecións de 'Cinema e estrelas' na praza da Pedreira
Por Redacción
O Cineclube Pontevedra anuncia que, debido a cuestións de carácter técnico, cámbiase a orde das dúas últimas películas programadas dentro do ciclo 'Cinema e estrelas'.
Xa que logo, este xoves 5 de agosto terá lugar a proxección do filme A noite do cazador, película de cine clásico que o público poderá gozar no seu formato orixinal en 35 mm.
O venres 6 de agosto será a quenda da película coreana Parásitos, gañadora do Óscar á mellor longametraxe.
A hora de inicio de ambas películas será as 22:30, na pontevedresa praza da Pedreira.
CAMBIOS MOTIVADOS POLA METEOROLOXÍA
Así mesmo, desde o Concello de Pontevedra comunícase que a previsión de chuvia para a tarde deste xoves 5 de agosto obriga a un cambio de emprazamento para a conversa do ciclo 'En3vistas'.
O escenario do Parque do Gafos muda polo interior do Teatro Principal de Pontevedra, coa mesma hora de inicio: ás 20:00.
Os convidados a falar de como o galego é parte da súa actividade actoral e a súa faceta de monologuistas serán Carlos Blanco e David Amor.
Relacionadas:
-
'Cinema e Estrelas' volve levar os mellores filmes en versión orixinal á praza da Pedreira
Por Redacción |
-
A choiva condiciona as actividades nas rúas da Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
'Cinema e Estrelas' levará a sétima arte á praza da Pedreira
Por Redacción |
-
Volve o ciclo 'En3vistas' con Carlos Blanco entre os participantes
Por María José Pita |