Nove curtametraxes, finalistas na Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2021
Por Redacción
Un total de nove curtametraxes realizadas en centros educativos integran a Sección Escolas Galegas do 14º FIC de Bueu. Desa lista sairán os títulos gañadores das tres categorías nas que se subdivide este apartado do certame, que busca promover os novos valores do audiovisual.
Dos 77 traballos presentados, 38 foron realizados por alumnado de Secundaria, cheas de "gran variedade e calidade", segundo o equipo seleccionador.
As curtas finalistas son, dentro da Mellor Curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria: 'Dona Landra no río revolto', do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu), 'Heroes enmascarados', do CEIP do Carballal (Marín), e 'O misterio do bolso', do CEIP A Guía (Moaña).
En canto á Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria, as curtas que optan a premio son: 'E se chove que chova!',do IES María Soliño (Cangas), 'Miss each other before we need', do IES As Barxas (Moaña), e 'Monte vivo', do IES Félix Muriel (Rianxo). Ambas seccións optan a un trofeo e material audiovisual por valor de 150 euros.
Pola súa banda, as curtas que optan a un trofeo e material audivisual por valor de 250 euros, son as realizadas por as Escolas de Imaxe e Son e Facultades. As finalistas son: 'Golden boy', do IES Audiovisual de Vigo, 'Night keeper', da Escola de Imaxe e Son de Vigo, e 'O que queda de nós', da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo).
O xurado da Sección Escolas Galegas, integrado polo director e produtor Pablo Cacheda, a artista multidisciplinar Lara Alonso e a profesora Sara Pena, reuniuse este venres para visionar as curtas seleccionadas. A curta gañadora a anunciarán o 19 de setembro na gala escolar do FICBUEU 2021, na que colaboran Kalandraka e a Fundación Novas.
Ademais, ese mesmo xurado escollerá a Mellor Curtametraxe de Escolas Internacionais. Optan a ese premio as obras: 'The de facto martyr suite', Justine de Gasquet (Suíza); 'Helfer', Anna Szöllösi (Hungría); 'Finis Terrae', Tommaso Frangini (Italia); 'Hiljaisuus', Saara Hakkarainen (Finlandia); 'O black hole!', Renee Zhan (Reino Unido); e Coffin, Yuanqing Cai, Houzhi Huang, Mikolaj Janiw, Nathan Crabot, Mandimby Lebon e Theo Tran Ngoc (Francia).
Relacionadas:
-
O festival de curtas, con dez días de proxeccións e actividades, volve situar en Bueu o epicentro da sétima arte
Por Redacción |
-
As entradas para o FICBueu xa están á venda
Por Redacción |
-
O FICBUEU 2021 avanza os contidos dunha programación que mira para Canadá
Por Redacción |
-
O FICBUEU recupera a programación previa á pandemia
Por Redacción |
-
O actor Alfonso Agra recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021
Por Redacción |
-
O FICBUEU empeza a conta atrás: proxectará 128 curtas de máis de 30 países do 10 ao 19 de setembro
Por Redacción |