António Zambujo ofrecerá un concerto o 17 de agosto con motivo do Día de Galiza Mártir
Por Redacción
O músico portugués António Zambujo será o encargado de achegar son á celebración do Día da Galiza Mártir, o vindeiro martes 17 de agosto. O artista ofrecerá un concerto a partir das 21.30 horas na praza da Ferrería.
Zambujo é un dos intérpretes máis coñecidos na actualidade na música lusa, con influencias do cancioneiro brasileiro e de ritmos procedentes da bossa-nova, malia que a súa traxectoria musical comezou co cante alentejano e o fado.
En Pontevedra presentará o seu último disco António Zambujo Voz e Violâo, editado este mesmo ano e entre os seu temas se recollen reflexións sobre a fraxilidade humana.
O concerto realizarase seguindo todos os protocolos sanitarios e de seguridade que establezan as normativas durante esa xornada, segundo indican desde o Concello de Pontevedra. A actuación será aberta ao público ata completar a capacidade da praza.
Esa mesma xornada do martes 17, ás 13.00 horas, vai desenvolverse a homenaxe institucional do Concello de Poio na Caeira con motivo do Día da Galiza Mártir coa tradicional ofrenda floral no lugar onde foi asasinado o político e intelectual Alexandre Bóveda en 1936. Ao acto asistirá, entre outras autoridades, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Relacionadas:
-
António Zambujo, talento para conmemorar o Día de Galiza Mártir
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O BNG apela ao legado de Bóveda e presenta un novo modelo de financiamento "que non discrimine a Galiza"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Un día para a memoria histórica como "antídoto contra a cultura do silencio e contra a educación do non preguntar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Campolongo soa a indie-rock con Triángulo de Amor Bizarro
Por Cristina Saiz |
-
Cora Velasco, profeta na súa terra
Por Cristina Saiz |