Ciencia, maxia, debuxo, ecoloxía e teatro volven en setembro á Biblioteca Antonio Odriozola
Por Redacción
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola recupera en setembro a actividade habitual coa posta en marcha de talleres para diferentes públicos.
Este venres 3 de setembro, ás 18.00 horas, celebrarase o espectáculo didáctico 'A alquimista', a cargo de Cris Collazo e Martiño Mato e que se enmarca no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.22. É unha montaxe para público familiar onde se reivindica o papel da muller na ciencia e o uso da lingua galega no terreo científico.
O público infantil contará tamén con diversas actividades ao longo do mes. O día 7, ás 17.30 horas, Anias ofrece unha obradoiro de creación de ecopersonaxes de conto, para escolares de entre 6 e 9 anos.
O 17 de setembro desenvolverase unha actividade de maxia para menores de entre 8 e 11 anos baixo o título 'Da biblio a Hogwarts con O Calvorota'. Os pequenos poderán aprender as distintas ramas do ilusionismo e xogos máxicos. Cada participante recibirá un paquete individual con material preciso para coñecer máis sobre o mundo da maxia.
O xoves 23 chegarán os Experimentos divertidos, a través de Reviravolta, para iniciar a escolares de entre 6 e 12 anos na ciencia. E o venres 24 será a quenda dos debuxos e dos contos coa sesión 'A detective Peregrina e o roubo do torque', con Polo Correo do Vento.
Todas estas actividades comezarán ás 18.00 horas.
Para adultos tamén haberá un obradoiro específico de teatro que se desenvolverá os días 8, 9 e 10 de setembro, entre as 18.00 e as 20.00 horas con Manuel Solla como monitor.
Ata mediados de mes permanecerá aberta a mostra bibliográfica Camiñando a Compostela, coas publicacións sobre os roteiros xacobeos.
Do 20 ao 27 abrirase a inscrición nos diferentes clubs de lectura con propostas como Voz de muller, ou de diferentes linguas como o de francés, castellan e galego.