Carlos Blanco, Touriñán, David Amor e Lucía Veiga traen o seu bo humor a Pontevedra
Por Redacción
Os mellores cómicos e cómicas do país están a percorrer Galicia da man do Xacobeo 21-22 e, na súa recta final, chegarán a Pontevedra. Será este venres 10 de setembro.
Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, David Amor e Lucía Veiga levarán o bo humor á explanada do Recinto Feiral. A DJ Toccororo porá a música a esta noite de comedia.
Haberá dous pases, ás 19.00 e ás 22.00 horas. As entradas para o pase das sete da tarde poden adquirirse no web de Comicamente. As da noite xa están esgotadas.
O domingo, 12 de setembro, Comicamente remata a súa viaxe en Lalín. Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Celso Sanmartín e Lucía Veiga serán, xunto coa DJ Russinha, os protagonistas da fin de festa.
Os espectáculos de Comicamente, que xa viron máis de 10.000 persoas, teñen lugar en recintos ao aire libre respectando as medidas sanitarias vixentes.
Relacionadas:
-
A Illa de Arousa, inicio da nova xira de Carlos Blanco e Touriñán, que pasarán por Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Touriñán, David Perdomo e Marita Martínez actuarán este venres en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Pontevedra, Vilagarcía e Sanxenxo, sedes do ciclo de humor galego 'Comicamente'
Por Redacción |