Volven as Matinés con Balthazar e Maika Makovski, pero no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez
A banda belga de rock alternativo Balthazar e a compositora, instrumentista, cantante e presentadora española Maika Makovski serán os encargados de recuperar o ciclo de música das Matinés que cambia o seu habitual emprazamento para mudarse ao Pazo da Cultura por cuestións de aforo.
A concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o responsable de iRadia Crea, Carlos Montilla, presentaron este mércores en rolda de prensa a programación das Matinés.
É a quinta edición deste espectáculo matinal que tan boa resposta tivo por parte do público. "Un formato que agora están a copiar outros concellos e alegrámonos moito", dixo Fouces.
A concelleira de Cultura sinalou que o perfil dos dous grupos é "moi acaído para as Matinés" resaltando aspectos colaterais, no caso de Maika Makovski, como o seu compromiso coas causas ecoloxistas e de protección do medio ambiente.
O sábado 30 de outubro será o concerto de Balthazar e o sábado 4 de decembro o de Maika Makovski que repite na cidade de Pontevedra pois anteriormente xa estivo no ciclo Voices.
As entradas para cada espectáculo teñen un prezo de 16 euros.
Unha das razóns do traslado das Matinés ao Pazo da Cultura é o maior aforo que permite este recinto. Agora mesmo no auditorio permitiríase ocupar case 400 butacas, pero a evolución positiva da pandemia alimenta as esperanzas de que se poida aumentar o aforo ao 75% da súa capacidade co que podería asistir máis público.
Outra razón son as obras de mantemento no Teatro Principal previstas para o mes de novembro que forzaron ao Concello a trasladas ao Pazo dá Cultura a programación de actividades e espectáculos.
O responsable da programación das Matinés, Carlos Montilla valorou positivamente a recuperación paulatina da actividade cultural e destacou que no caso de Balthazar é a primeira visita que fan a Galicia, sendo unha das bandas presentes nos carteis dos máis grandes festivais de música a nivel internacional polo que se espera que sexa un reclamo que atraia a moito público de fóra da cidade e mesmo de fóra de Galicia.
Respecto a Maika Makovski dixo que é "unha das propostas nacionais de máis calidade, máis identidade e persoais que existen no panorama musical". No Pazo daCultura presentará o seu último traballo presentado o pasado mes de maio.
Relacionadas:
-
A Maika Makovski máis rockeira pecha o ciclo musical As Matinés no Pazo da Cultura
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Maika Makovski: "Á pandemia débolle ter recuperado a ilusión pola música"
Por Alejandro Espiño |
-
Os ritmos de Balthazar animan a volta de 'As Matinés'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra reabre as súas 'matinés' coa banda belga Balthazar
Por Alejandro Espiño |
-
Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Saen á venda as entradas para as vindeiras citas musicais no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Volve o Festival das Núbebes con catro compañías galegas de "renome"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presenta o seu "telescopio cultural" cunha programación "de luxo" ata final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
Cancelados os concertos de Ele e Manel do ciclo Matinés do Principal a causa das novas restricións
Por Redacción |
-
Maika Makovski, unha estrela fascinante, unha rara avis que emociona ao público pontevedrés
Por Diego Torrado & Redacción |