As catro visitas escenificadas aos xacementos musealizados da provincia comezarán esta semana
Por Redacción
Estrea por todo o alto para 'Historias Cavadas'. O programa da Deputación de Pontevedra comezará esta semana con todas as prazas esgotadas e incluirá catro visitas escenificadas aos xacementos musealizados da provincia.
A intención do goberno provincial con este programa é conxugar cultura, diversión e patrimonio ademais de poñer en valor os castros musealizados da man dos principios de sustentabilidade, accesibilidade e inclusión de tódolos públicos.
As novas citas culturais na comarca do Salnés-Pontevedra serán os xoves 16 e 30 de setembro en Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa, e os venres 17 e 24 no Castro da Subidá, en Marín. Ademais, o luns 13 e o mércores 15 haberá unha visita ao Castro de Toiriz, en Silleda.
O grupo encargado de realizar as sesións será Troula Animación. As protagonizarán dous personaxes, un romano e unha castrexa, que darán o toque cómico a estes recorridos pola historia para facelo ameno para todas as idades. A duración estimada é de 50 minutos e tamén contará cun intérprete de lingua de signos.
Relacionadas:
-
Ábrense as inscricións para a segunda edición de Historias Cavadas
Por Redacción |
-
A Deputación lanza "Aviventa a Cultura" unha extensa programación para "reanimar, fortalecer, protexer, incentivar" este sector
Por Oskar Viéitez |
-
Xa están abertos ao público os tres primeiros castros musealizados pola Deputación e o Ministerio
Por Oskar Viéitez |
-
Varios colectivos de defensa do patrimonio rexeitan a actuación no Castro da Subidá
Por Oskar Viéitez |