Un curso no Edificio Castelao repasará a influencia da moda no universo artístico
Por Redacción
Ao longo do próximos tres meses, o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra converterase nunha aula de análise sobre a moda durante as distintas décadas do século XX a través do curso 'Alegatos a medida. Indumentaria do século XX'. Esta iniciativa céntrase en observar os vencellamentos da vestimenta coas actividades musicais, cinematográficas e coas creacións artísticas.
A profesora Carolina Munáiz será a encargada de impartir dez sesións de hora e media que levarán a cabo todos os mércores entre as 19.00 e as 20.30 horas a partir do 6 de outubro e ata o 15 de decembro.
Para poder participar é necesario apuntarse a través do correo reservas.museo@depo.gal.
Durante as sesións Carolina Munáiz ofrecerá unha crónica da moda como ferramenta comunicativa desde a influencia dos impresionsitas na vestimenta de finais do século XIX ata a elegancia do New Look de París, pasando pola utilización do pantalón por estrelas cinematográficas como Marlene Dietricht ou Katherine Hepburn, que ofrecen un estilo de muller independente en círculos cosmopolitas.
O programa do curso será o seguinte:
Sesión 1. Final de século, final dunha vestimenta.
Sesión 2. Comeza o século XX. A carreira vangardista.
Sesión 3. Anos Vinte. Moda para a evasión.
Sesión 4. Anos Trinta. Entroido en tempos duros.
Sesión 5. Anos Corenta. Contenda e competencia.
Sesión 6. Anos Cincuenta. Conservadurismo dourado.
Sesión 7. Anos Sesenta. A alta costura á rúa, a rúa á revolución.
Sesión 8. Anos Setenta. Cambios de xénero, brillos e anarquía.
Sesión 9. Anos Oitenta. Materialismo en talla grande.
Sesión 10. Anos Noventa. A antimoda pudorosa.
Relacionadas:
-
A historia do século XX, a través da súa moda: do fin do corpiño ao "valor da comodidade" post pandemia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As gaitas son as protaganistas da nova exposición do Museo
Por Redacción |
-
O Museo rexistra o mellor agosto da última década con case 42.000 visitantes
Por Redacción |