"Matria", a ópera prima de Álvaro Gago, inicia a súa rodaxe en Pontevedra

Por Alejandro Espiño
O director galego Álvaro Gago iniciou a rodaxe da súa ópera prima, a película Matria, que se gravará en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra ata finais do mes de outubro.
As gravacións desta película, que está producida polas compañías Matriuska Producciones, Avalon PC e Ringo Media, comezaron o pasado luns en Vilanova de Arousa e continuarán nos próximos días na cidade de Pontevedra.
Matria é a adaptación da curtametraxe homónima creada polo propio Álvaro Gago, que recibiu un nomeamento aos Premios Goya como mellor curtametraxe de ficción en 2019 e gañou o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018.
A película parte do personaxe principal da peza orixinal, Ramona, unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible.
Ramona, á que encarna a actriz galega María Vázquez (Quien a hierro mata, Fariña), crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, talvez, haxa algo novo polo que vivir.
Previo á súa rodaxe, Matria foi seleccionada no Berlinale Coproduction Market, iniciativa do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e no Mediterranean Film Institute.
A estrea de Matria en salas está previsto para finais de 2022.
Relacionadas:
-
Éxito de "Matria" na Berlinale: "Foi unha experiencia de vida que gardo no corazón para sempre", di Álvaro Gago
Por Alejandro Espiño |
-
O pontevedrés Celso Bugallo, candidato ao Goya polo seu traballo en "El buen patrón"
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza en Mourente a rodaxe de 'Matria', unha coprodución de Matriuska
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Matriuska rodará nas Rías Baixas a primeira longametraxe de Álvaro Gago, creador de "Matria"
Por Alejandro Espiño |