Os de Algures celebran no Principal unha década de actividades musicais e artísticas
Por Redacción
Sen apenas tempo para recuperarse da súa actuación durante a noite do venres na Praza de España con motivo da pasarela organizada por Sete Espadelas, a agrupación musical Os de Algures volve ofrecer ao público pontevedrés unha montaxe para celebrar, nesta ocasión, o décimo aniversario deste colectivo.
O escenario deste gran concerto será o Teatro Principal a partir das 20.30 horas deste domingo 3 de outubro con entrada libre ata completar a capacidade permitida na sala.
A través de pezas musicais ofrecerán algúns das mellores interpretacións de danza e música que este grupo tradicional ha ofrecido en todas os seus espectaculos anuais. A agrupación que lidera José Luis Rodríguez realizará un percorrido pola súa traxectoria que estivo marcada por montaxes tan exitosas como 'A Galicia insólita', 'O soño da tecedeira' ou 'Casto Sampedro na memoria da Boa Vila', entre outras.
Nesta ocasión, a proposta de Os de Algures centrarase na parte máis musical adaptándose á situación sanitaria como xa fixeran en 2020 cando ofreceron un concerto breve e unha pasarela tradicional baixo o título 'Unha ollada polas arcas pechadas', en colaboración coa asociación etnográfica Sete Espadelas.
Relacionadas:
-
Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
A chuvia tamén goza da espectacularidade dos traxes tradicionais de Sete Espadelas
Por Redacción |
-
50 traxes tradicionais galegos desfilarán este venres na pasarela 'Co pano de namorar na faldriqueira'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Música e pasarela de traxes tradicionais, a combinación perfecta de Os de Algures con Sete Espadelas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A 'Galicia insólita' de Os de Algures pon en pé o Teatro Principal de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |