Cedofeita presenta 'Historia de Lérez', un libro colectivo que analiza a traxectoria da parroquia
Por Redacción
A asociación sociocultural Cedofeita presentará a publicación 'Historia de Lérez' o vindeiro xoves 7 de outubro a partir das 19.30 horas no edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
'Historia de Lérez' é unha publicación que conta cun prólogo da académica Fina Casalderrey. Este libro, patrocinado polo Concello de Pontevedra, perfílase como unha obra colectiva na que participaron dezanove autores de prestixio.
Ao longo das súas páxinas ofrécese unha panorámica con documentación dos principais acontecementos que se desenvolveron nesta parroquia pontevedresa desde a prehistoria ata a actualidade. Durante esta presentación intervirán Maricarme Pereira en nome da asociación e Pepe Álvarez, un dos coordinadores da publicación.
Tamén está previsto, durante o evento, que se presente o número 24 da revista Cedofeita, que conta con diversas colaboracións. Será presentada por Xosé Luís E. Solla.
Para asistir é necesario inscribirse en reservas.museo@depo.es, indicando 'Presentación Publicacións Cedofeita 07-10-2021', no Asunto. Tamén debe incluírse o nome, os dous apelidos e un teléfono de contacto no texto do correo. As persoas que asistan deberán acceder un cuarto de hora antes para evitar aglomeracións na entrada ao Museo.
Relacionadas:
-
Calo Lourido falará da "construción interesada e falsa" da historia de España na Casa de Cultura de Lérez
Por Redacción |
-
Cedofeita presenta o número 25 da súa revista onde se aborda a reforma da Lei de Montes Veciñais
Por Redacción |
-
Cedofeita inaugura unha mostra sobre os camiños do Lérez no mosteiro de San Bieito
Por Redacción |
-
O mellor setembro da última década no Museo de Pontevedra, con picos de 1.300 visitas diarias
Por Redacción |