Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou a programación de Ponteatro que se desenvolverá os xoves 14 e 28 de outubro e o xoves 4, o sábado 13, o sábado 20 e o xoves 25 de novembro. Sempre ás 21 horas.
O xoves 14 de outubro, no Teatro Principal, representarase "A lúa vai encuberta", da obra homónima de Manuel María, que poñerán en escena as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante con dirección de Tito Asorey. "A lúa vai encuberta" foi a gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, e é a primeira vez que este texto de Manuel María se leva a escena de forma profesional.
O xoves 28 de outubro, no Teatro Principal, representarase "A estrela do día" unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.
O xoves 4 de novembro, no Teatro Principal, representarase "Conexión Pinguín" con Luís Iglesia e Marcos Orsi dando vida a un divertido texto de José Prieto (que tamén dirixe a peza) sobre "a incomuniciación na era da comunicación".
E no Pazo da Cultura, o sábado 13 de novembro será a quenda de "A vueltas con Lorca", con Carmelo Gómez. Unha viaxe que conta a vida de Federico García Lorca, as súas paixóns, os seus medos a través da súa obra, influencias e obsesións.
De novo no Pazo da Cultura, o sábado 20 de novembro, o Centro Dramático Galego trae "O charco de Ulises" unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto transatlántico. Da mar ao océano. De Ítaca a Galicia.
Por último, o xoves 25 de novembro, no Teatro Principal, pecha a programación de Ponteatro, "Comando Comadres", de Matrioshka. A obra conta a historia dun grupo de activistas organizadas en diferentes comandos que poñen en evidencia, en clave de comedia, as múltiples manifestacións da violencia patriarcal.
TELESCOPIO CULTURAL
Carme Fouces tamén presentou o Telescopio Cultural, que recollerá a actividade cultural que teña lugar no Pazo, Teatro Principal e Recinto Feiral.
Con formato páxina web, unificará a información que antes aparecía na extinta web do Pazo da Cultura, o apartado de Axenda Cultural da web do Concello e páxina principal deste. Conta tamén cun formato revista semestral.
Relacionadas:
-
Carmelo Gómez reivindica no Pazo o universo musical e poético de Federico García Lorca
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
'Conexión Pingüín', evidencias da incomunicación tecnolóxica en Ponteatro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Luís Iglesia e Marcos Orsi reflexionan sobre a incomunicación humana en "Conexión Pingüín"
Por Redacción |
-
Un espectáculo "para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Chega a Pontevedra "A estrela do día", unha comedia para "recuperar a fe no teatro"
Por Redacción |
-
"A lúa vai encuberta" de Manuel María abre o ciclo Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Ponteatro encende os seus focos con "A lúa vai encuberta" de Manuel María
Por Redacción |
-
Os de Algures celebran no Principal unha década de actividades musicais e artísticas
Por Redacción |
-
Pontevedra alístase á Guerrilla cultural para remover conciencias
Por Redacción |
-
Volve o Festival das Núbebes con catro compañías galegas de "renome"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Volven as Matinés con Balthazar e Maika Makovski, pero no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |