Gustavo Almeida ou a exposición 'Cantámola en galego', finalistas dos VIII Premios Martín Códax da Música
Por Redacción
Apenas tres días despois de que rematase o prazo de votación do xurado, os Premios Martín Códax da Música desvelaron os finalistas da súa oitava edición. Medio cento de bandas e artistas optan a estes prestixiosos galardóns, que se entregarán o 27 de outubro en Pontevedra.
Foron máis de catrocentos os proxectos inscritos nesta edición algo que, segundo a presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra, "é digno de mención polo difícil momento que o sector viviu e está a vivir nos últimos tempos, o que demostra a fortaleza e teimosía do noso gremio".
Os nome dos 51 finalistas, tres por cada categoría, coñecéronse nunha festa que se celebrou nas Bodegas Martín Códax, en Cambados, con aforo limitado e seguindo todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.
O xurado encargado de elixir os proxectos finalistas estivo formado pola cantante Carla Green, o músico Pablo Morán, o xornalista musical Carlos Crespo, o músico e programador Pepe Doré e a cantante, pianista e percusionista Diana Tarín.
Os finalistas da oitava edición dos Premios Martín Códax da Música son:
- Pop e indie: A banda da Loba, Belém Tajes, Espiño
- Rock: Loiros, Soulwilde, Moon Cresta
- Blues, funk e soul: Brais Morán, Narci Rodríguez dA Trío, Enxeito
- Metal: N.E.O, Doen, Nuada
- Canción de Autor/a: MJ Pérez, Gustavo Almeida, Tomás Porteiro
- Músicas urbanas: Wöyza, Ilmarto, Marcos de la Fuente
- Reggae, Ska e Mestizaxe: Bush Doctors Band, Chow y La Diligente Reggae Band, The Skarnivals
- Electrónica: Allova, Cora Novoa, Xackal
- Música clásica e Contemporánea: Mateo Arnáiz, Alberto Vilas, Fernando Abreu
- Jazz e Músicas Improvisadas: Javier Constenla Trío, David Regueiro Quartet, María Toro
- Música tradicional: Xurxo Fernandes & Pedro Lamas, Carapaus, Pelepau
- Música Folk: Caamaño & Ameixeiras, Fiandola, Joel Padín
- Músicas do Mundo: Enclave, DOUS, Lamas/ De Miguel/ Romero
- Música Infantil: Chuches Amil, Concerto Punkinfantil (Brais das Hortas e Peter Punk), Radio BULEBULE (Paco Nogueiras)
- Orquestras, Grupos e Música de Verbena: Orquestra La Ocaband, Los Camachuelos, Bafana Bafana
- Coros e Grupos Vocais: Coro da Ra, Sisters In The House, Encaixe
- Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música de Chantada, Banda de Música de Antas de Ulla
- Proxectos de Comunicación e Difusión Musical: O Recanto do Corcovado, Galeguiza-t, Cantámola en galego
Agora serán os socios de Músicas ao Vivo os que elixirán aos gañadores de cada categoría.
Relacionadas:
-
Gustavo Almeida prepara en Miami unha colaboración co músico cubano Jon Secada
Por Redacción |
-
Os Premios Mil Primaveras recoñecen a achega do proxecto 'Cantámola en galego' á normalización lingüística
Por Redacción |
-
Gustavo Almeida e Teo Cardalda unen as súas voces en "Entre o ceo e o esquecemento"
Por Redacción |
-
Pablo Barreiro, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2021
Por Redacción |
-
Os Premios Galegos da Música volverán a Pontevedra nunha edición cun galardón Organistrum especial
Por Redacción |