Ponteatro encende os seus focos con "A lúa vai encuberta" de Manuel María
Por Redacción
Tito Asorey, Melania Cruz, Davide González e Vanesa Sotelo son os protagonistas de A lúa vai encuberta, a obra coa que arrancará o vindeiro xoves 14 de setembro unha nova edición do ciclo Ponteatro. Representarase no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas.
A lúa vai encuberta é unha coprodución do Centro Dramático Galego coa Casa Museo Manuel María e está interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante.
Esta peza, dirixida por Tito Asorey coa dramaturxia de Vanesa Sotelo, foi a gañadora do segundo Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
A acción céntrase na realidade galega e na loita incesante por conformar unha identidade propia, enfrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións.
Todo parte de 1977. Celébranse as primeiras eleccións xerais e a Agrupación Cultural Auriense aborda os ensaios de A lúa vai encuberta, que Manuel María escribiu para eles.
Pero, no medio do proceso, o colectivo desfíxose. Corenta e catro anos despois, dúas novas compañías retoman o traballo no punto no que o deixaron.
As entradas para este espectáculo están á venda, a un prezo de oito euros, a través da plataforma Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
Un espectáculo "para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"A lúa vai encuberta" de Manuel María abre o ciclo Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra presenta o seu "telescopio cultural" cunha programación "de luxo" ata final de ano
Por Alejandro Espiño |