O público encheu o Pazo de Emilia Pardo Bazán para seguir o concurso de Música tradicional de Soalleira
Por Redacción
Este domingo celebrouse o III Concurso de Música Tradicional Soalleira no Pazo de Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo coa participación de 32 grupos procedentes das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.
O concurso estivo organizado pola Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e o Concello de Sanxenxo, que destinou 7.000 euros para este evento, incluída loxística, difusión e adecuación do espazo.
O aforo permitido no Auditorio do Pazo completouse pero o público puido seguir o concurso nunha pantalla no exterior. Ademais habilitouse unha carpa para os grupos participantes.
Na categoría A (ata 10 años). O primeiro premio foi para: "Lume", da A.X. Xiradela; o segundo para: "Cinco ferreñas", da AMBT Vai de roda, e o terceiro para a Escola Infantil da A.C. Peis d’Hos.
Na categoría B (de 11 a 13 años). O primeiro premio foi para as "Retranqueiriñas", da A.C. Retranqueiros; o segundo para "Laretas", da A.C.F. Tarambainas, e o terceiro para: "A Pedreira", da A.X. Xiradela.
Na categoría C (de 14 a 17 años). O primeiro premio foi para: "As mosas do Hío", da A.C. Peis d’Hos; o segundo foi para "Gharabullos", da A.C.F. Tarambainas, e o terceiro para "Persemique", da A O Rumial de Muros.
O premio al mellor vestiario, nas tres categorías, foi para "Raeira", da A.C. Mestre Manuel Gacio.
Na categoría D, o primeiro premio foi para "Lina e Lola", da A.C. Peis d’Hos; o segundo premio foi para "Do Rives", da A.C. Carcaxia; e o terceiro premio para "Grupo A" da A.C. Retranqueiros.
Na categoría D, o premio do vestiario foi para " Meniñas", da A.C.F. Tarambainas.