'Lo contaré en la Rolling Stone' é unha canción que se adhire como o pegamento de contacto. É o último proxecto musical do cantante e compositor pontevedrésJavier Lago López. Un tema co que pretende "recuperar esa ilusión de neno que se vai perdendo coa madurez, esa inxenuidade dos soños grandes", explica neste podcast do 'Cara a cara'.
Fainos un exercicio de memoria e introspección, profesional e persoal, desde a súa última visita a PontevedraViva Radio a hoxe. Nese discorrer temporal apunta ao 2019, cando tomou a dedicisión de "dedicarlle máis tempo ao que máis feliz faime que é a música". Chegou o caótico 2020 cuxo rebufo lle supuxo "un importante bloqueo" creativo. Sobreposto, "agora estou a volver a sintonizar co meu Javier prepandémico".
Desde o pasado xoves 14 está dispoñible en todas as plataformas musicaise vai acompañada dun vídeoclip - que dada a súa formación universitaria audiovisual tamén dirixiu e editou - e para o que se rodeou dun equipo de confianza, repleto de nomes pontevedreses. "Rodouse o pasado marzo coas restricións que ese momento marcaba. Quizá se se gravase agora ou máis adiante sería outra cousa".
Ademais de escribir, compoñer e o traballo audiovisual, tamén traballou na súa presenza dixital: conta coa súa web, canle de Youtube e redes sociais. A 'Lo contaré en la Rolling Stone' aínda lle falta un percorrido ata final de 2021. De momento é un sinxelo "pero hai máis cousas que están a apuntar para o novo ano".