Entre artes anda a visita guiada pola que transita PontevedraViva Radio, rodeada ademais de estudantes e profesores da Facultade de Belas Artes e do Garaxe Hermético. A pintura reinterpretada desde o cómic. Con Asier Mensuro como guía, historiador da arte especializado en cómic e cinema e comisario ademais desta exposición que se pode seguir visitando ata o 11 de novembro no Pazo da Cultura a pedimento da Fundación Telefónica.
En 'A arte no cómic' o público encontra identificadas obraspictóricas de Leonardo Da Vinci, Pieter Brueghel el Viejo, Rembrandt, Monet, Manet, Delacroix, Magritte, Miguel Ángel, Velázquez, Goya, Picasso, Dalí, Gris, Tápies, Georgia O' Keeffe,... xunto a súas transformacións desde a denominada novena arte, o cómic. Éstas con as rúbricas de María Herreros, Catherine Meurise, Teresa Valero,Enrique Ventura e Toni Coromina, Paco Roca, Milo Manara, Azpiri, Arthur Suydam, Álvaro Ortiz, Santiago García, Clement Oubrerie, Javier Olivares, ou Tyto Alba.
Neste podcast das 'Conversas na Ferrería', atopamos anécdotas, intrahistorias, explicacións para coñecer aos ilustradores nacionais e internacionais e tamén entender mellor as obras expostas; incluso un plus como útil audioguía para quen queira visitar ou revisitar a exposición ao seu ritmo, pero coas didácticas palabras dun experto.
Ademais charlamos con tres dos mozos ilustradores galegos que tamén forman parte do elenco artístico. O coruñés Brais Rodríguez e os vigueses Óscar Raña e Cynthia Alfonso. Todos eles teñen en común unha circunstancia, a súa formación académica na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da que apuntan "é case excepcional no panorama estatal polo que profunda na arte contemporánea".
Brais xa leva anos colaborando con esta exposición e neste caso ofrece desde páxinas de cómic ata pezas enormes colocadas por módulos cun "importante compoñente óptico" . No caso de Cynthia e Óscar xa veñen colaborando en publicacións de cómic e fanzine e nesta mostra volven facelo cun proxecto expresamente realizado para a ocasión no que reinterpretan a Peter Halley.
E para completar o periplo cultural, que lles pareceu todo este contido artístico aos estudantes de Belas Artes e do Garaxe que tiveron a oportunidade de seguir esta visita guiada? tamén responden.