Pontevedra celebra o 'Samaín no Río' con catro noites de música con DJ
Por Redacción
O Recinto Feiral de Pontevedra será o escenario de catro noites de música no que coñecidos rostros locais porán música con vinilos. É a proposta de 'Samaín no Río', que se celebrará entre o xoves 28 e o domingo 31, no marco das actividades do 'botellódromo'.
Lúa Zalamera, N. Skillzz, Doc e Malaguita serán os nomes encargados da mestura de melodías na explanada superior do recinto.
Haberá unha actuación diaria ás 22:00 horas que rematará ás 01:30 horas.
A programación é a seguinte:
- Xoves 28 de outubro: Malaguita
- Venres 29 de outubro: N. Skillzz
- Sábado 30 de outubro: Doc
- Domingo 31 de outubro: Lúa Zalamera
Por mor dos concertos, haberá certas restricións á hora de aparcar vehículos na explanada. Entre as 21:00 e as 06:00 horas de cada día estará prohibido estacionar neste espazo.
Relacionadas:
-
Os esqueletos toman os xardíns das Prazas de España e Ourense
Por Redacción |
-
Os coles de Marín prepáranse para vivir un Samaín terrorífico
Por Redacción |
-
O Concello dá por "resoltos" os problemas de convivencia no centro histórico polo botellón
Por Alejandro Espiño |
-
Russinha e Parking Dust, reclamos para atraer a mocidade ao Recinto Feiral esta fin de semana
Por Redacción |