Retorna o humor a Raxó coas 'Risadas contadas' de Faia Díaz e Velo Rilo
Por Redacción
'Risadas Contadas' é o ciclo dentro da programación Anota Cultura! de Poio que este venres 5 de novembro regresará ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó a partir das 21.00 horas.
Nesta ocasión, a concellería de Cultura que dirixe Raquel Rodríguez, programa unha actuación de Faia Díaz e Velo Rilo.
A entrada é gratuíta, previa inscrición a través dun correo electrónico no que consten os datos persoais e que se enviará a anotaculturapoio@gmail.com, co obxectivo de controlar o número de espectadores que poden achegarse ao recinto cultural.
As dúas artistas que inician o ciclo presentan a adaptación da obra 'Apatacón, por unha peseta', a través de voz narrada e cantada. Nas historias que se narrarán haberá humor e tenrura.
Nos seguintes venres ata o 10 de decembro pasarán por este escenario Lois Pérez, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Sergio Pazos.