Este sábado 6 de novembro a banda tributo pontevedresa Conductores Suicidas ofrecen o seu concerto de "posta de longo" ante o seu público. Este e a súa resposta nos concertos que veñen ofrecendo ata a data e desde que se formaron este mesmo ano, foi a que lles deu o empuxón para ofrecer esta actuación no auditorio de Afundación a partir das 21.00 horas.
Charlamos en PontevedraViva Radio con Marcos Pérez 'Quiño' (guitarra e coros) e Roberto Ramos (voz e guitarra). Ambos participaban noutra banda anterior máis reducida e que tamén facía versións, incluídas as que agora centran a Condutores Suicidas, de Joaquín Sabina.
"Que funcionaba, estaba claro xa nese formato, pero era unha pena quedar ahí" comenta Marcos, explicando como formaron este grupo tributo. Así chegaron Damián Boullosa como baixista, Nando Fontán nos teclados, Ramiro Félix como baterista e finalmente o máis novo, Miguel Ponce desde Portonovo e ao saxofón.
Todos teñen un pasado musical con outras bandas ou orquestras e todos salvo Miguel, dedícanse profesionalmente a outras actividades e a música é un hobby.
Levan moitas horas de ensaio "pero os nervios están aí" porque é a primeira vez que o público "paga por verte".
Son case dúas horas de actuación, aínda que tendo en conta que o seu repertorio é o de Sabina, non é fácil a selección: "é moi difícil porque hai unha chea de temas bonitos. Mesturamos baladas e os temas máis rockeiros conseguindo un espectáculo diverso, que vai in crescendo. Foi un traballo de todos e creo que o repertorio está ben seleccionado", avanza Roberto.
Completan este podcast das 'Conversas na Ferrería' regalándonos a interpretación dun dos temas do cantautor xienense.