Baiuca, Cora Velasco e Furious Monkey House pechan con ritmo o festival Que non pare a música!
Por Cristina Saiz & Redacción
Baiuca, o proxecto músical de Álex Guillán, antes coñecido artisticamente como Álex Casanova, foi o encargado de poñer o peche ao festival Que non pare a música! no Recinto Feiral. Numeroso público asistía a este concerto na tarde do domingo. O dj en colaboración coas voces de cantareiras ofrecía a súa habitual combinación de música tradicional galega con ritmos electrónicos. O músico de Catoira ofreceu algúns dos temas do seu último traballo discográfico, 'Embruxo'.
Como no resto de concerto da fin de semana, o público podía seguir os temas de pé e bailando. Ademais, na contorna do espazo atopábanse food trucks para aquelas persoas que quixesen aproveitase para comer ou beber, devolvendo a típica imaxe dos habituais festivais previos á pandemia.
Tamén durante a mañá deste domingo a música soou no interior do Recinto Feiral, grazas aos concertos da cantautora pontevedresa Cora Velasco, que se move entre o pop máis fresco e o son indie.
A continaución, a banda pontevedresa Furious Monkey House fixo saltar ao público co seu son rockeiro. Este grupo formado por integrantes moi novos interpretou temas do traballo editado en 2019, que leva por título 'Love, Scum & Dust'.
Relacionadas:
-
Furious Monkey House presenta 'In the void' o próximo 19 de xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
Furious Monkey House e Cora Velasco, nun O Son do Camiño con The Chemical Brothers ou Liam Gallagher como estrelas
Por Alejandro Espiño |
-
La Casa de los Ingleses e Carlos Sadness deixan paso á última xornada do ciclo Que non pare a música!
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Todo preparado para que mil persoas logren que non pare a música no Recinto Feiral
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Que non pare a música!, novo ciclo de concertos en Pontevedra con Carlos Sadness, Dakidarría ou Baiuca
Por Alejandro Espiño |