A Deputación dará a coñecer no Culturgal a súa programación en igualdade e cultura para 2022

Por Redacción
A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se celebrará entre o 26 e o 28 de novembro en Pontevedra, servirá á Deputación para dar a coñecer a súa programación cultural e de igualdade para o próximo ano.
Ademais a caseta da institución provincial, como en anteriores ocasións, acollerá a presentación da oferta cultural dunha decena de concellos, mentres que preto dunha trintena contarán cun vídeo coas súas propostas.
Na primeira xornada da feira, o 26 de novembro ás 17.00 horas, terá lugar a performance de Ana Gesto, artista participante no programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero', un programa que presentará a súa sétima edición despois de man da presidenta da Deputación, Carmela Silva. Esa nova edición, baixo o lema 'Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!', ten previsto chegar a 25 municipios da provincia con accións de performance, música, danza ou poesía co obxectivo de provocar unha reacción social contra a violencia machista.
En canto ao sábado 27 de novembro, ás 11.15 horas Carmela Silva presentará as liñas xerais da programación cultural da Deputación para o próximo ano. Tamén dará a coñecer o impulso dos festivais audiovisuais da provincia agrupados baixo a marca #RíasBaixasFilmFest, e ás 20.30 horas presentará a colección de historias dirixidas ao público xuvenil 'Defensoras de dereitos', impulsada xunto á Coordinadora Galega de ONGD.
Por último durante a xornada de sábado a caseta provincial contará con dúas actuacións de artistas que participaron no programa 'Descúbreas'. Trátase de Pauliña (12.15 horas) e MJ Pérez (19.00 horas). Despois destas actuacións terán lugar as micropresentacións dos concellos.
Relacionadas:
-
'Con-fiando Cultura', o lema baixo o que a Deputación desenvolverá unha programación cultural "sen precedentes"
Por María José Pita |
-
Grandes nomes da literatura galega animan o sábado do Culturgal
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
'Roteiro coa Compaña. Crenzas e medos', proposta de Sanxenxo para o Culturgal
Por Redacción |
-
Obras de artistas que gañaron Novos Valores serán expostas no Culturgal a través do Museo
Por Redacción |
-
Culturgal convida a descubrir todo o talento da cultura galega do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Culturgal 2021 xa ten reservadas todas as súas casetas
Por Redacción |