As Blanco Freijeiro poñen en valor o patrimonio e a arqueoloxía
Por Redacción
Os amantes da Historia adicarán un par de horas desde este luns e ata o venres para falar de arte, de patrimonio e de arqueoloxía e todo en base á figura de Antonio Blanco Freijeiro. As xornadas que levan o seu nome e que cumpren 20 anos arrancaron esta nova edición este luns ás 20.00 horas na Biblioteca.
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, encargouse de inaugurar as xornadas, explicando que se trata "dunha edición moi especial, porque vimos de aprobar o nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto da nosa vila e grazas aos relatorios que iremos escoitando estes días aínda coñeceremos un pouco máis de preto a súa figura".
Na súa intervención, Rodríguez quixo destacar tamén a importancia de que un evento centrado na arqueoloxía e no arte "cumpra 20 edicións sen interrupción na súa celebración, que siga atraendo cada ano a máis xente que segue as conferencias, nun momento no que poderíamos pensar que as iniciativas culturais teñen menos seguemento".
Desde o Concello, engadiu a edil, "seguirase non só apoiando e promocionando estas xornadas, senón tamén realizaremos accións encamiñadas a achegar a figura de Freijeiro á cidadanía". De feito, haberá pronto anuncios sobre os actos que se celebrarán de maneira pública o seu nomeamento como fillo predilecto.
UN MARINENSE UNIVERSAL
O catedrático de Historia da Arte, Carlos Valle Pérez, foi o encargado de abrir as conferencias en torno á traxectoria vital e laboral de Freijeiro, ao que definiu como un "marinense universal". O historiador centrou a sua exposición no traballo realizado polo noso arqueólogo entre os anos 1923 e 1991.
Este martes, tamén ás 20.00 horas, será a quenda da profesora titular de Historia da Arte da USC, Fátima Díez, que falará da mirada escrutadora que tiña Freijeiro sobre o arte grego.
Relacionadas:
-
As XXII Xornadas Blanco Freijeiro abordarán en Marín a chegada de Roma a Galicia
Por Redacción |
-
Antonio Blanco Freijeiro xa é fillo predilecto de Marín
Por Redacción |
-
As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro
Por Redacción |
-
O pleno de Marín aproba o nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto
Por Redacción |