As gaitas invaden o Recinto Feiral na final da Liga Galega de Bandas
Por Diego Torrado
A agrupación Ledicia & Concello de Fornelos de Montes logrou o título na XXIII Liga Galega de Bandas de Gaitas na súa máxima categoría na final celebrada en Pontevedra.
Máis de 1.000 gaiteiros de 22 bandas de España e Portugal invadiron o Recinto Feiral na primeira ocasión que este evento tivo como sede a cidade de Lérez.
A Banda de Gaitas de Xinzo de Limia e Nova Fronteira & Cartelle quedaron clasificadas en segundo e terceiro lugar respectivamente, mentres as bandas da sección de Lalín e de Pontevedra da Escola de Gaitas de la Deputación se alzaron co título no terceiro e cuarto grao.
O evento reuniu, segundo a organización, preto de 6.000 persoas en total durante toda a mañá do domingo.