Marta Pazos dirixe a nova produción do CDG, 'Ás oito da tarde cando morren as nais'
Por Anxo Lourido
A directora e actriz pontevedresa Marta Pazos é a responsable de dirixir a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), que leva por título '*Ás oito da tarde cando morren as nais'. Os ensaios comezaron coa posta en escena da peza creada a partir da dramaturxia de AveLina Pérez, gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2018.
A estrea está previsto en abril de 2022 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O elenco actoral atópase formado por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Esperante, Davide González, Alba Loureiro, María Llanderas e Toni Salgado.
'Ás oito da tarde cando morren as nais' narra, en clave de comedia, a relación entre os personaxes que se atopan en escena e o público a través da ruptura da cuarta parede cunha mirada irónica sobre a recepción das montaxes escénicas.
Marta Pazos, que se converteu nunha directora de referencia na península, tras a dirección de montaxes do Centro Dramático Nacional e da súa compañía Voadora, regresa ao CDG onde en 2017 dirixira 'Martes de Entroido'. Actualmente a compañía pública galega ten en xira o espectáculo 'O charco de Ulises', dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que será representado en Vilagarcía de Arousa este venres 26 ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. Ademais, o CDG prepara para a nova tempada unha adaptación de 'A peste', de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó.
Relacionadas:
-
Marta Pazos inaugura a instalación 'Matria' na Cuadrienal de Praga
Por Redacción |
-
A pontevedresa Marta Pazos dirixe a ópera da segunda compositora que estrea na historia do Gran Teatre del Liceu de Barcelona
Por Anxo Lourido |
-
#NiUnaMenos e #FakeNews no 'Othello' de Shakespeare que Voadora presenta no Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Marta Pazos devolve ás táboas "Comedia sen título", de Lorca
Por Redacción |
-
'Viaje a la Luna', montaxe da directora pontevedresa Marta Pazos sobre a poética visual de Lorca
Por Redacción |