Alexander Vórtice presenta a súa nova obra, o poemario 'Diagnóstico Interior'
Por Redacción
O poeta, novelista, columnista e escritor pontevedrés Alexander Vórtice presentará o vindeiro venres 3 de decembro o seu novo libro, o poemario Diagnóstico Interior.
O acto terá lugar ás 19.00 horas no centro Nemonon de Pontevedra e contará coa participación da xornalista de Faro de Vigo Ana López e o escritor e xornalista Luís Boullosa.
A entrada será gratuíta e libre ata completar aforo deste espazo situado no número 11 de cálea Marqués de Riestra.
Diagnóstico Interior é a novena obra de Vórtice, que xa publicou Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005), Material de Soños (2008), Dios y Otros Superhéroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica de un Hombre Bueno (2016), Vegetaciones Carnívoras (2017) e Tempa Maltreita (2019.
Alexander Vórtice é tamén colaborador de PontevedraViva, Crónicas PTV, Diario16 e as revistas culturais Hablando con Letras, Oceanum e En tiempos de Aletheia.
Diagnóstico Interior é un poemario antisistema. Supón unha viaxe a través de máis de 30 anos de escritura por parte do autor que inclúe versos sociais, cáusticos, en contra do pensamento único reinante.
O libro está dividido en latexados ou capítulos, onde o poeta narra a súa visión do mundo que lle rodea e a visión sobre si mesmo.
O autor dedica este libro aos solitarios e aos defraudados co paso do tempo e, á súa vez, fai unha oda a esas persoas que non aceptan as inxustizas do día a día.
Relacionadas:
-
A librería Paz acolle un percorrido por 'Tempa maltreita', o poemario máis melancólico de Alexander Vórtice
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A playlist de... Jesús Rodríguez: Vinte poemas de Vórtice e unha canción 'bunburyzada'
Por Marisa Ciordia |
-
'Atrofiadas as Estrelas', versos que nacen de noite fronte a unha sociedade que vive demasiado ás presas
Por Redacción |