Sergio Pazos contaxiará humor este venres 3 no Centro Cultural Xaime Illa
Por Redacción
O actor e cómico galego Sergio Pazos será o protagonista do ciclo 'Risadas Contadas' este próximo venres 3 de decembro no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. O artista ourensán presentará o seu espectáculo 'Contaxiándonos con humor'.
Trátase da cuarta sesión dentro deste ciclo, que xa contou coas actuacións de Faia Díaz e Vero Río, ademais de Isabel Risco e Lois Pérez.
Sergio Pazos iniciará o espectáculo a partir das 21.00 horas. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do centro. Segundo a concellería de Cultura de Poio, esta actividade conta con todas as medidas de control sanitario.
Neste show, o actor ofrecerá ao público a súa visión cómica e chea de retranca sobre a situación que orixinou a chegada da pandemia da covid-19 á sociedade. Con optimismo e con sorpresas, Pazos ofrecerá sketchs que lograron que, ao longo da súa carreira, obtivese un importante éxito de público.
'Risadas Contadas' finalizará a programación de Anota Cultura o vindeiro venres 10 de decembro coa actuación doutro humorista galego, Pedro Brandariz.
Relacionadas:
-
Pedro Brandariz pecha este venres o ciclo 'Risadas contadas'
Por Redacción |
-
O ciclo ‘Risadas Contadas’ anuncia a actuación de Isabel Risco e cambios na programación
Por Redacción |
-
Retorna o humor a Raxó coas 'Risadas contadas' de Faia Díaz e Velo Rilo
Por Redacción |
-
Doses de humor co programa "Anota Cultura", que encherá Poio de monólogos, teatro e cinema
Por Redacción |