Tres películas inéditas en España, entre os trece filmes que competirán en Novos Cinemas
Por Redacción
Trece películas, tres delas inéditas en España, forman parte das seccións a concurso na sexta edición do festival Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 14 e o 19 de decembro.
Trátase de "Berg" da directora holandesa Joke Olthaar, "Actual people" da realizadora estadounidense Kit Zahuar e "La luna representa mi corazón" do argentino Juan Martín Hsu.
As dúas primeiras integrarán a sección oficial do festival, na que participarán outras sete películas que, na súa práctica totalidade, serán a primeira vez que se exhiban en Galicia.
Competirán coas españolas "Rendir los machos" de David Pantaleón e "Eles transportan a morte" de Helena Girón e Samuel Delgado ou as italianas "The Tale of King of Crab" de Matteo Zoppis e Alessio Rigo de Righi e "Piccolo Corpo" de Laura Samani.
A sección oficial complétana a estadounidense "Rock Bottom Riser" de Fern Silva, a británica "Absolute denial" de Bryan Braun e a costarriqueña "Clara Sola" de Nathalie Álvarez Mesén.
Estas nove propostas intentan, segundo a organización do festival, debuxar un dos posibles itinerarios do cine contemporáneo, o que aspira a reflexar parte do espírito do noso tempo.
Na sección Latexos, reservada para filmes máis experimentais, ademais da película de Juan Martín Hsu, estarán as españolas "El planeta" de Amalia Ulman e "918 Gau" de Arantza Santesteban e a arxentina "No existen 36 maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo" de Nicolás Zukerfeld.
Son propostas de carácter autobiográfico que transitan a vía da lembranza, o exorcismo ou a investigación no seo familiar coa fin de entender certas disfuncionalidades e traumas.
Relacionadas:
-
'Eles transportan a morte' leva o premio a mellor película do festival Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas abre a súa sexta edición coa estrea de "A virxe roxa" de Marcos Nine
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Novos Cinemas comeza este martes coa estrea galega da película que recolle a tráxica historia da feminista Hildegart Rodríguez
Por Redacción |
-
Películas que reflicten "a época que estamos vivindo", fío condutor do sexto Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As primeiras imaxes de "Matria" de Álvaro Gago veranse en Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A cineasta cacereña María Pérez Sanz, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Novos Cinemas 2021 abrirá coa estrea en Galicia de ‘A Virxe Roxa’ de Marcos Nine
Por Redacción |
-
Dez estudantes pontevedreses empezan o camiño para abrir Novos Cinemas
Por Redacción |