Izal inclúe Pontevedra na xira de presentación de "Agujeros de gusano", o seu segundo disco
Por Alejandro Espiño
ÿ, segundo os medios especializados, un dos grupos con maior proxección dentro da escena 'indie' española. Co seu segundo disco, Agujero de gusano, recén saído ao mercado, os madrileños Izal actuarán por primeira vez en Pontevedra. Incorpóranse á programación de outono anunciada recentemente pola Sala Karma. No seu caso, actuarán na nosa cidade o próximo 21 de decembro.
Con Agujero de gusano, á venda desde este martes, Izal volve apostar pola autoedición. Trátase dun traballo que foi financiado a través do 'crowfunding', grazas ás achegas dos seus cada vez máis numerosos seguidores. Con el, a banda pretende consolidar o seu son con trece novas cancións que foron compondo durante a anterior xira, que os trouxo, entre outras cidades, a Santiago, Vigo e A Coruña.
Este novo disco de Mikel Izal (voz e guitarra), Alejandro Jordá (batería), Emanuel Pérez (baixo), Alberto Pérez (guitarra) e Ivan Mella (teclados), chega apenas ano e medio do seu primeiro traballo discográfico, Magia y efectos especialess. Logo de actuar este verán en grandes festivais e ser elixidos mellor grupo revelación nos Premios da Música Independente, o quinteto volve con novas doses de guitarras e unha música con moita enerxía.
As entradas para este concerto aínda non están á venda. Poderán adquirirse proximamente a través das canles habituais de comercialización que emprega a sala pontevedresa, o Pequeño Karma e www.ticketea.com.