O público premia co seu aplauso ao Proxecto C3
Por Mónica Patxot
O Teatro Principal acolleu este martes a estrea dos tres audiovisuais que compoñen o Proxecto C3.
Trátase da videocreación Camina: A bella Otero, o documental ficcionado Cimenta: Maruja Mallo e a curtametraxe Crea: María Casares, ademais dos traballos fotográficos de cada unha delas.
As responsables deste Proxecto C3, Mayka Braña e Baia Fernández, explicaron esta iniciativa que nace da man da Film Commision de Pontevedra, cuxa responsable, a concelleira Carlota Román, dirixiu aos presentes unhas palabras de benvida.
O evento tamén contou coas actuacións musicais da cantante Arancha Rodríguez, que interpretou Quen poidera namorala acompañada polo guitarrista Juan Pablo Charlo. Ademais o grupo "De buena tinta" rapeó a ritmo de hip hop textos de Mallo, Casares e a Bella Otero.