Os Chichisos animan a 'Cantar os Reis'
Por Redacción
Vinte anos levan Os Chichisos festexando as festas do Nadal polas rúas de Pontevedra cos tradicional Cantos de Reis. Esta agrupación acompañándose de instrumentos como a gaita, o acordeón, frauta e bombo, entre outros, percorre con escolares a cidade recuperando o costume de cantar polas casas en Nadal.
Interpretan pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ao longo dos séculos. En Nadal cantábanse as panxoliñas ou os "nadais" mentres que en Fin de Ano utilizábanse as "xaneiras", os "manueis" ou os "aninovos". Por último, na véspera da festividade de Reyes, as cancións que se tocaban eran "aguinaldos" ou "cantares de reis".
A maioría dos "cantos de Reis" relatan unha viaxe ou tratan sobre un camiño ao coincidir co período do Nadal cando a potencia solar é mínima iniciando o renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. Estes cantos son de corte culta e presentan melodías longas e lentas, con numerosos adornos propiciados pola gaita e cun estilo propio de canto, marcado polo son gutural, pisando os finais das estrofas cos inicios.
Moitos destes cantarse están elaborados en castelán ou en castrapo, debido a que a orixe parte de textos bíblicos ou eucarísticos, que sempre empregaban o castelán. Vos Chichisos, durante todos estes anos, realizan un traballo de recuperación do patrimonio cultural cunha das tradicións máis singulares do Nadal en Galicia.
Por este motivo convidan a todas aquelas persoas que queiran participar a que se apunten aos ensaios que se realizarán os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e o 3 de xaneiro na Casa do Pobo de Bértola, no municipio de Vilaboa, ás 20.00 horas.
O 4 de xaneiro celebrarase a xornada de Cantos de Reis, entre as 17.30 e as 20.00 horas, polas prazas e rúas de Pontevedra, dentro da programación para estas festas do Concello de Pontevedra. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información no teléfono 676.842.942.