Noite de música, danza e moda nas Ruínas de San Domingos
Por Redacción & Mónica Patxot
Nun escenario de auténtico luxo, o interior das Ruínas de Santo Domingo, celebrouse este venres o espectáculo multidisciplinar Costuras de Alecrín. By Rías Baixas, no que o público puido gozar dunha combinación de moda, música e danza.
O evento, que estivo conducido pola actriz e presentadora Diana Nogueira, estivo amenizado pola música de Rosa Cedrón e Christian Silva.
A danza, pola súa banda, correu a cargo do coreógrafo e fundador da compañía Entrecaixas, Iván Villar e a directora da compañía Erixe e bailarina Estefanía Gómez.
Ademais, o espectáculo organizado pola Deputación de Pontevedra incluíu unha pasarela de moda cunha selección de traxes de inspiración histórica da man da deseñadora artesá galega Reme Espantoso e os deseños contemporáneos do cordobés José Perea.
Os estilismos das modelos estiveron a cargo de Óscar Novo.