Á venda as entradas do tradicional Concerto de Aninovo
Por Redacción
Xa están a venda as entradas para o tradicional concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Celebrarase, como cada ano, no Auditorio do Pazo da Cultura o 1 de xaneiro.
Con aforo limitado para cumplir coas medidas sanitarias, ofertará dous pases para poder chegar ao máximo de público posible.
No escenario estarán preto de 50 músicos e músicas, que baixo a dirección de Roberto Baltar, interpretarán fragmentos da obra maestra de Bizet, acompañada pola mezzosoprano Nuria Lorenzo, onde se poderá gozar da beleza das melodías e instrumentacións de Carmen, un dos mellores libretos de ópera da Historia.
Ademais, haberá unha segunda parte inspirada na paisaxe Vienesa, onde soarán valses e polcas, interpretadas con artístico esmero e coa colaboración do prestixioso Ballet de Galicia, baixo a dirección do coreógrafo Diego Landín. Un conxunto impecable que rematará co palmeo do público neste primeiro espectáculo cultural do ano.
As entradas están á venda en Ataquilla a partir de 12 euros máis gastos (10 euros para estudantes, maiores de 65 e desempregados) nas zonas C e D e acadarán un prezo máximo de 15 euros máis gastos nas zonas A e B na entrada xeral e de 12 euros máis gastos na entrada bonificada.
Relacionadas:
-
Roberto Baltar, como Barenboim, "oficializa" a entrada do Aninovo dirixindo á Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o Ballet de Galicia invitan a comezar o 2022 con Strauss
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os Reis Magos virán a Pontevedra, por primeira vez, sen animais vivos na cabalgata
Por Alejandro Espiño |
-
Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica de Pontevedra con Abraham Cupeiro e os seus "sons esquecidos"
Por María José Pita |